Skip to main content
O Valadouro

Gran éxito de participación no I Día da bicicleta do Valadouro

Por 10 Xullo, 2022Sin comentarios

Gran éxito de participación na primeira edición do Día da bicicleta organizado pola concellería de deporte do Concello do Valadouro.

Unha ruta que discurríu polas parroquias de Ferreira, Alaxe, Santa Cruz e Recaré e no que non aconteceu ningunha incidencia salientable agás o día de calor e sol que tiveron no val.

Contou con máis de 50 participantes e con asistencia médica e zonas de descanso e avituallamento para os 14 quilómetros de percorrido.

Ao rematar sortearonse 5 lotes de produtos entre os asistentes que na súa totalidade son veciños do Valadouro.