Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

Comeza a novena do monte de San Roque

Por 30 Xullo, 2022Agosto 12th, 2022Sin comentarios

Deu comezo esta mañá, sábado 30 de xullo, da tradicional novena na capela do monte de San Roque.

Do 30 de xullo ao 7 de agosto será a novena das mañás ás 08:00 horas e a esa hora haberá bombas de palenque. O último día, domingo 7 de agosto, despois da novena haberá misa solemne e procesión arredor da capela.

A novena das tardes (19:00 horas) comezará o 4 de agosto e rematará o 12 de agosto, con bombas de palenque tamén ás 19:00 horas. O último día, domingo 12 de agosto, haberá despois da novena misa solemne e procesión.