Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Mañá será a IX Festa do Percebe de Xove

Por 22 Xullo, 2022Xullo 27th, 2022Sin comentarios

Mañá sábado 23 de xullo celebrase unha nova edición desta Festa do Percebe do Concello de Xove que terá lugar na praza do Concello.

Os asistentes ao evento, que comeza ás 12.00 horas, poderán degustar este delicioso e apreciado crustáceo mentras a charanga Os Charangos e e unha discoteca móbil amenizan con música en directo a xornada.

Sen dúbida, unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que nos visiten por esas datas.

Esta festa gastronómica reparte en cada edición máis de 1.500 racións o que case equivale a catrocentos quilos deste marisco.

A festa lévase a cabo na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e Ortegal.