Skip to main content
Axenda CaducadaCervoDeportes AMARIÑAXA

O tráil solidario de Sargadelos será o 24 de xullo

Por 9 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

Este 24 de xullo Cervo acollerá unha nova edición do trail de Sargadelos no que aumentará o percorrido ata os 11 quilómetros.

Será un percorrido circular con saída e chegada no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos e no que se poderá desfrutar das paraxes e sendeiros cervenses.

A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17.00 a 20.00 horas e o mesmo día da carreira de 08.00 a 09.00 horas. A saída oficial da carreira será ás 9.00 e a andaina media hora despois.

Para participar será necesaria a inscrición antes do mércores 20 de xullo no seguinte enlace. Este traial está organizado por Amigos da Troula e o Concello de Cervo.