Esta fin de semana terá lugar no circuíto de Outeiro de Rei, En robra, unha nova proba da VF Challenge MR nas modalidades de minimotos, minivelocidade, pitmotard, GP Sport e Supermoto.
A proba, organizada polo VFM Motoclub coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei será puntuable para o Campionato Gelgo de Minivelocidade.
Aínda que a apertura de portas é ás 8.30 horas, a competición iniciarase ás 10.00 e rematará ás 19.36 horas na xornada do sábado. O domingo están previstos os adestramentos cronometrados de 9.30 a 10.58 horas para continuar coas mangas ata as 15.30 horas.
Os interesados en participar teñen de prazo ata o 20 de xullo para inscribirse.
