Skip to main content
Axenda Caducada

Friol acolle a primeira xuntanza de usuarios do servizo de Atención Temperá

Por 25 Xullo, 2022Xullo 29th, 2022Sin comentarios

Trala etapa máis dura da xovid-19, o Concello indicou a necesidade de organizar a 1° Xuntanza entre os nenos nenas e familias usuarios do servizo de Atención Temperá.

Esta xuntanza terá lugar no complexo fluvial de Friol o venres 29 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas, nunha celebración no que se farán xogos así como unha pequena merenda.

Para asistir, é imprescindible confirmación de asistencia de nenos, pais e nais. Tamén hai que levar roupa e calzado cómodo e os menores deben vir acompañados por un ou dous familiares.