Skip to main content
Lugo

O Vello Cárcere acolle un ciclo de conferencias sobre enfermidades ambientais

Por 27 Xullo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que mañá xoves 28 de xullo as 11:00 o Vello Cárcere acollerá unha conferencia sobre enfermidades raras. A actividade contará coa intervención de Fernando Losada Arochena, maxistrado na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e autor de numerosos libros e artigos, e con Isabel Botana, traballadora social e responsable da Área Social de Fegerec (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas).

Os poñentes falarán sobre o tratamento xurídico e a perspectiva de xénero deste tipo de doenzas, e sobre os recursos, dereitos e prestacións sociosanitarias ás que se poden acoller as persoas doentes.

Baixo o termo de enfermidade rara inclúense de forma maioritaria as enfermidades de orixe xenética, con cifras de entre 5.000 e 7.000 enfermidades diferentes. Non existe unha única lista destes miles de enfermidades de orixe ambiental, ao existir diferentes formas de entender este tipo de enfermidades.