Skip to main content
Navia de Suarna

Novos pasos para abrir en outono a residencia de Navia de Suarna

Por 8 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo deu este venres outro paso determinante para poder cumprir coa previsión de abrir este outono o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna. Trátase da aprobación na Xunta de Goberno, por un importe de case 800.000 euros, do contrato para a prestación dos servizos básicos na residencia. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, quen explicou que este contrato terá unha duración dun ano, coa posibilidade de tres prórrogas anuais.

“Tan só unha semana despois de que o Presidente e o Alcalde de Navia asinaran nas propias instalacións o convenio necesario para poñer en marcha o Centro de Maiores de Navia, hoxe lanzamos este contrato, que é un paso determinante para poder abrir a residencia a principios de outono, tal e como nos temos comprometido”, apuntou García Porto.

BECERREÁ

En materia de residencias, a voceira informou tamén de que a Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación do contrato para a construción dun centro de transformación eléctrica e dun centro de seccionamento no Centro de Atención a Maiores de Becerreá por un importe superior aos 95.000€.

Lembrou a voceira socialista que esta instalación “non estaba contemplada no proxecto inicial desta residencia, o que nos obrigou a consignar novos recursos económicos, así como a elaborar e a tramitar un procedemento administrativo específico, para poder dotar ó centro deste equipamento, que resulta imprescindible para o seu funcionamento, porque servirá paragarantir o correcto subministro eléctrico”.