Skip to main content
Palas de Rei

O Concello de Palas organiza un roteiro polo Ulla

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei organiza, para o vindeiro sábado, 16 de xullo, unha ruta de sendeirismo baixo o nome Goza do Ulla en Palas. O roteiro, que dará comezo ás 10.30 horas é o coñecido como ruta dos Torrentes e percorrerá o tramo, ao carón do Ulla, entre o antigo Balneario de Frádegas e a unión do Río Pambre co Ulla.

O Goberno local informa que a dificultade deste roteiro é alta malia que tan só se trata dunha distancia de seis quilómetros. Para máis información e inscricións pódese contactar co Concello de Palas no teléfono 982 380 001 ou no enderezo electrónico culturapalas@gmail.com.

Goza do Ulla é unha iniciativa que xorde de todos os concellos que baña este río para coñecer a contorna fluvial.

‘Goza do Ulla’ é unha iniciativ que xorde de todos os concellos que baña este río para coñecer a contorna fluvial.