Skip to main content
Axenda CaducadaPedrafita

A festa do peregrino celébrase esta fin de semana en Pedrafita do Cebreiro

Por 26 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Pedrafita do Cebreiro xa ten data  para celebrar a súa Festa do Peregrino os próximo 29 e 30 de xullo.

Os festexos comezarán o venres 29 ás 21:30 cunha pancetada e chourizada popular que irá seguido da verbena ás 22:00 a cargo da orquestra New York e a actuación de Ruth Cundis.

O sábado 30 a misa solemne e a procesión dan comezo os festexos ás 13:00 seguido dunha sesión vermú a cargo da orquestra D’Noche. Pola tarde pasarrúas coa Charanga 555 e ás 21:30 pancetada e chourizada popular que irá seguido da verbena ás 22:00 coa orquestra D’Noche e o grupo JD Son.

Para os mais pequenos haberá actividades pola tarde. Ás 18:00 terá lugar a actuación do mago Roberto Lolo e dende ás 19:00 ata ás 20:00 haberá atraccións de balde para os nenos.