Skip to main content
RIBEIRASACRAXA

A sexta edición do 17 Ribeira Sacra Festival fará vibrar a todo o público

Por 25 Xullo, 2022Xullo 26th, 2022Sin comentarios

O 17° Ribeira Sacra Festival é unha experiencia que un ano mais, terá lugar no corazón da Ribeira Sacra (de alí o seu nome). Un festival de música, natureza, viño e gastronomía ubicado nun territorio máxico. Esperta os cinco sentidos dos asistentes e permítelles desfrutar da riqueza dun territorio singular, dende unha aproximación responsable e sostible.

Esta sexta edición do 17º Ribeira Sacra Festival 2022 terá lugar entre os días 28 e 31 de xullo de 2022 e celebrarase entre os municipios de Sober, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Chantada.

Un dos clásicos eventos que se desenvolverá dentro do festival, será o concerto sorpresa cervezas Alhambra, unha experiencia única na que os asistentes non saberán o nome do artista convidado ata que o catamarán comece a surcar as augas do río Sil.

Os interesados en participar nesta actividade, que terá lugar o vindeiro venres 29 de xullo ás 18.00 horas, poderán conseguir as súas entradas a través dun sorteo activo nas redes sociais do festival.

A gastronomía será outra das grandes protagonistas do festival. O xoves 28, o restaurante A Faragulla, ubicado en Chantada, estará na bodega Vía Romana. O seu menú contará con produtos lucenses coma as castañas, os grelos ou o porco. O venres e o sábado a gastronomía correrá da man de Luis Vieira e Iria Espinosa, de Árbore da Veira, no espazo de Regino Viarum.

Na páxina web do festival pódese consultar toda a información relativa ao evento, así coma realizar a compra de entradas ou abonos (www.festivalribeirasacra.com).