Skip to main content
RIBEIRASACRAXA

Veñense de coñecer os finalistas da VIII edición do Concurso Proxecto Empresariais Semente Ribeira Sacra

Por 22 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

As dez ideas finalistas da oitava edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, foron xa elixidas. Os seleccionados teñen de prazo ata o vindeiro 30 de setembro para presentar o proxecto rematado achegando os arquivos en formato PDF a través do formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O xurado desta iniciativa, decantouse finalmente polos seguintes traballos:

  1. Lácteos Ribeira Sacra. Comercialización de produtos propios.
  2. Energhius: Smarth energy harvesting. Tecnoloxía para dotar de enerxía dispositivos loT.
  3. Toxo. Laboratorio cosmético.
  4. FungiGal: produción de fungos comestibles.
  5. Peral Project. Novas tecnoloxías para o benestar das persoas maiores.
  6. A Maruxiña. Granxa de galiñas en ecolóxico e centro de interpretación.
  7. Elaboración sostible de tepes para xardinería.
  8. As barricas da Ribeira. Aloxamento turístico en barricas.
  9. Casa Do Curuxo. Aloxamento e bodega, economía circular.
  10. Beniu Soluciones. Tratamentos fitosanitarios con drons.

Os finalistas teñen ata o vindeiro 30 de setembro do 2022 para aportar tódala documentación do proxecto rematado en formato PDF a través do formulario da intranet. Finalmente, o 12 de novembro pola mañá, defenderán as súas propostas ante o xurado que, trala deliberación, darán a coñecer ós gañadores. Xa pola noite, celebrarase a gala de entrega de premios.

A dotación económica dos premios desta edición é de 10.000 euros para o primeiro premiado, 5.000 euros para o segundo e 3.000 euros para o terceiro.

NACEMENTO DO PROXECTO

O concurso de proxectos empresariais Semente Ribeira Sacra, premia anualmente dende o ano 2014, as mellores ideas de inciativa empresarial co obxectivo de promover a solidaridade entre o pobo de Monforte de Lemos e sementar iniciativas que axuden ao desenvolvemento da localidade. Para conseguilo, organizan anualmente o seu concurso de proxectos empresariais  Semente Ribeira Sacra coa colaboración de organismos oficiais como o Instituto de Promoción Económica (IGAPE).