Skip to main content
Chantada

A Xunta adxudica obras de acondicionamento para os accesos á ruta de Salgueirón

Por 26 Xullo, 2022Sin comentarios

A Xunta adxudica por máis de 83.000 euros o acondicionamento dos accesos á ruta de Salgueirón, no municipio da comarca de Chantada.

A actuación urbanística que ten un prazo de execución dun mes, se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, que prevé a posta a punto de varios camiños locais no lugar da Barrela (capital do municipio lucense) que servirán de acceso ao referido itinerario.

Este programa impulsado pola Xunta hai máis dunha década, ten como oxectivo axudar ás entidades locais a executar diferentes proxectos urbanísticos destinados á creación, mellora e humanización de infraestruturas de uso público e colectivo.

Previamente, procederase á limpeza do treito, que presenta 3 anchuras—a máis ampla de 4 metros e a máis estreita de 2,5 metros—, atravesa unha zona rodeada de arboredo autóctono, sobre todo carballos e castaños, e algúns prados. En concreto, abriranse cunetas nos camiños, agás na zona con menor anchura, colocaranse tubos para facilitar a saída da auga e aplicarase firme de saburra compactada e tamén de formigón.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70% do custo das obras e o Concello de Carballedo achegará o 30% restante, tal e como figura no convenio subscrito o pasado mes de marzo entre a conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Julio Yebra para fixar os termos da súa colaboración técnica e económica.

Cómpre subliñar o compromiso do Goberno galego á hora de brindar apoio aos concellos para promover actuacións que, como a licitada en Carballedo, contribúan a dinamizar as vilas galegas e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Por esta razón, a Consellería mantén esta liña de cooperación cos concellos tamén este ano, reservando nos seus orzamentos 7 millóns de euros para actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas.