Skip to main content
Pantón

‘The Tetas´ Van’ actuará maña na praza do Concello de Pantón

Por 29 Xullo, 2022Sin comentarios

The Tetas´ Van actuará maña día 30 ás 23.00 horas na praza do concello de Pantón. Con esta banda de rock, a diversión está asegurada pero tamén a concienciación do lugar da muller na música.

As súas integrantes , aseguran que “en xeral, nos festivais a presencia de grupos femininos é moi escasa”.

Cunha estética máis relaxada que cando empezaron fai xa nove anos, son conscientes de que a súa aportación feminina ao rock é un granito de area.

“Cantar en galego é parte da nosa identidade, é un idioma moi bonito e queremos reivindicar o seu uso”, afirman.

A BANDA

The Tetas´ Van son un grupo de rapazas na súa maioría (ai-índa que contán tamén con marabillosos músicos chicos) que pretende revolucionar as salas de concertos coa súa música.

Son especialistas en versión e o seu obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que tocan a tódalas mulleres, a través da lingua galega. “Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas”, aseguran as integrantes do grupo.

The Tetas´ Van son artistas e malabaristas xa que combinan a súa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas musicais.