Skip to main content
Barreiros

Barreiros prepara o I Certame de teatro amador ConVida no Rural

Por 22 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros dende a súa área de cultura e mailo Colectivo Cultural Ollomao convocan o I Certame de teatro amador ConVida no Rural que terá lugar no mes de outubro en Barreiros.

Trátase dun certame que terá lugar os sábados e domingos do mes de outubro alternando o centro sociocultural de San Cosme e os Colexios Vellos de San Miguel. No mesmo empregarase preferentemente a lingua galega e admítese calquera tipo de xénero.

INSCRICIÓNS

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Barreiros ou ben enviado un correo a dinamizacion@concellodebarreiros.gal coa documentación que se require nas bases que están publicadas na web municipal www.concellodebarreiros.gal antes do 6 de setembro de 2022.

PREMIOS

O día 1 de novembro, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, terá lugar a gala de premiación onde se entregarán 600€ máis trofeo como primeiro premio e 200€ máis trofeo como segundo premio. Ademais dos referidos premios galardoarase con trofeos ás mellores actrices e actores protagonistas e de reparto. Ese día, o grupo de teatro C.C. Ollomao, pechará o certame cunha representación teatral que non entrará a concurso.

Para a resolución de calquera dúbida queda a disposición o teléfono: 982 124 002 e o enderezo electrónico: dinamizacion@concellodebarreiros.gal

Este primeiro certame de teatro amador conta co cofinanciamento da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo que apoia a dinamización das zoas rurais.