Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros ten abertos dous procesos de emprego público

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros ten aberto un proceso de emprego público mediante concurso-oposición para o posto de conducción do tractor-desbrozadora e labores de desbroce e limpeza de vías e espazos públicos como persoal laboral fixo.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 13 de setembro inclusive. Toda a información, as bases e a solicitude está dispoñible na web municipal no apartado de Servizos ou na ligazón directa.

Por outra banda, tamén ten aberto a bolsa de emprego para postos no servizo de Axuda no Fogar Municipal. O prazo para presentar as solicitudes remata o 12 de setembro inclusive.

Toda a información, as bases así como a documentación a presentar está dispoñible na web municipal no apartado de Servizos, ou na ligazón directa.

Ámbalas dúas solicitudes poden presentarse de maneira presencial no Rexistro xeral do Concello de Barreiros de 9.30 a 14.30 horas, tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es) e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.