Skip to main content
A Pontenova

A veciñanza da Pontenova protesta pola falla de asistencia médica no centro de saúde

Por 1 Agosto, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O alcalde, Darío Campos fíxose eco das denuncias e da indignación dos doentes xa que advirten, “que só hai un médico para atender aos 2.200 usuarios, ademais dos veraneantes”.

A veciñanza da Pontenova protesta pola falla de asistencia médica no centro de saúde, así o manifestou o alcalde da Pontenova, Darío Campos, quen se fixo eco das denuncias.

O rexedor explicou que veciños “indignados”, achegáronse ao concello para protestar pola falla de médicos na vila. “Temos 2.200 veciños e veciñas que se incrementan coa chegada do verán, e só hai un medico para atender aos doentes. Ademais cando o médico ten que desprazarse a atender a usuarios nos domicilios ou as urxencias, o centro queda completamente baleiro. Está é a sanidade que promove o PP, baleirar os nosos centro de saúde públicos”.

Os veciños tamén protestan polas citas médicas que se están programando nestes días “xa que hai ata 4 días de espera para conseguir unha consulta”, segundo explican.

“O PP pasa olimpicamente do rural lucense, desmantela a sanidade como no noso Concello, impulsa recortes en educación, abandona as infraestruturas e por riba deixa sen executar 200 millóns de euros dos fondos covid, que servirían para reforzar a asistencia nesta provincia”, dixo Campos Conde.

“Merecemos unha atención sanitaria digna, os nosos maiores e os nosos veciños teñen dereito a ter máis médicos no centro de saúde. Mentres desde o Concello da Pontenova traballamos polo benestar da veciñanza coa construción  dun Centro de Atención a Maiores coa inversión da Deputación, o PP pecha consultas e recorta en sanidade, esta é a diferencia. Esta é a xestión do PP”, resumiu o rexedor.