Skip to main content
O Valadouro

O autobús cociña de Saborea a túa provincia enxalza a faba e o mel no Valadouro

Por 21 Agosto, 2022Sin comentarios

A praza de Santa María, no Valadouro, acolleu este sábado o programa da Deputación de Lugo Saborea a túa Provincia no que se degustan produtos típicos da zona.

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita, na que o cociñeiro Nardo Eiroa, do Canedo Brasería, fixo un showcocking no que preparou unha tapa de Faba, tenreira e mel. Ademais, a xornada contou tamén con degustacións culinarias e obradoiros de cociña para os máis pequenos.

O toque musical púxoo a Asociación Cultural Amado Lar e Jotinhos.