Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro pide que a avenida de Cervantes teña preferencia peonil

Por 9 Agosto, 2022Sin comentarios

O PP de Viveiro solicita ao goberno local “dar maior visibilidade á sinalización” de preferencia peonil na avenida de Cervantes. “De nada serve establecer prioridade para os peóns nalgunha das rúas máis concorridas do casco antigo de Viveiro como é a avenida de Cervantes, se a sinalización non é suficiente para que os condutores dos vehículos coñezan as normas de circulación desa vía e, polo tanto, non as respecten creando situacións de risco para os peóns”. Así o consideran os populares viveirenses e así o fixeron saber no último pleno da corporación municipal dando traslado a moitas queixas veciñais.

O Grupo Municipal do PP de Viveiro propuxo, nese sentido, que o goberno local -en coordinación cos técnicos e a Policía Local- busque “a solución máis axeitada para dar máis visibilidade” á sinalización vertical colocada na marxe dereita á entrada da avenida: Os populares explican que “para os condutores dos vehículos procedentes da ponte da Misericordia pasa desapercibida e aos que entran dende o lado de Celeiro cústalles de ver”.

O voceiro, Óscar Rodríguez, sinalou que “moitos vehículos non respectan o límite de velocidade fixado en 20 km/h e moitos máis son os condutores que non respectan a preferencia peonil” o que supón “importantes riscos” e tamén “discusións entre uns e outros en momentos de gran afluencia de xente”.