Skip to main content
Axenda Caducada

Tres Pesos actúa en Friol este domingo

Por 4 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol continúa coa programación de verán este domingo, 7 de agosto, cun concerto gratuíto no parque Rosalía de Castro da localidade.

Trátase da actuación de Tres Pesos, que financia na súa totalidade a Xunta de Galicia.

O concerto dará comezo ás 19.00 horas.

Felisa Segade, Xoan Porto e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo) son Tres Pesos. Tres maneiras de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,… centos de horas sobre o escenario e miles fóra del soñando coa nosa música, coa nosa tradición. A música é matemática e a matemática deste trío devolve nesta ecuación un resultado entrañable.