Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Iria Estévez deslumbrará hoxe en Ribadeo a ritmo de fado

Por 6 Agosto, 2022Sin comentarios

Hoxe ás 13.00 horas no Campo de San Francisco, no Concello de Ribadeo, a veciñanza poderá disfrutar do talento de Iria Estévez, quen deleitará ao público a ritmo de fado.

A música desta artista lévanos por un percorrido de diferentes estilos musicais, destacando a lusofonía atlántica con músicas unidas a través da lingua portuguesa que conseguen unir Galicia con outras rexións como Brasil ou Cabo Verde.

Cunha moi boa acollida por parte do público galego, hoxe ás 13.00 horas esperán facer as delicias de tódolos presentes. A entrada será libre e gratuíta e en caso de choiva será no auditorio Hernán Naval.