Skip to main content
Axenda Caducada

Este xoves nova actuación dentro do ciclo O que queda de verán

Por 23 Agosto, 2022Agosto 25th, 2022Sin comentarios

O próximo xoves 25 de agosto terá lugar Asacocirco show unha nova actuación dentro do ciclo O que queda de verán, ás 18.00 na praza Anxo Fernandez Gomez.

Asacocirco show de Asacocirco é un espectáculo que nace da colemia e idiotez dos seus protagonistas: Mirroska e Juanito, os dous clowns deste divertido mini circo. Da fusión destes dous pallasos e do público, créase a maxia do teatro de rúa, sonrisas aseguradas. Os personaxes irrompen en escena alborotando coas súas ganas de protagonismo, como a dun neno.

A partir de aquí: unha presentación, un número de maxia cómica, números de mazas, bólas e acrobacias mesturadas con xogos participativos co público. Todo isto en clave de humor, que fará pasar aos asistentes un intre divertido e sen desperdicio. Recomendado para todos os públicos.