Skip to main content
Axenda CaducadaFriolLugo

Continúan esta semana as xornadas de verán Os catro elementos

Por 24 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

Continúan esta semana as xornadas de verán Os catro elementos organizadas pola delegación de Lugo de ADEGA coas que pretenden achegar as persoas á natureza a través da poesía, atendendo aos cantos das aves, achegándose a mámoas onde observar estrelas e reconstruíndo un valado de pedra coa técnica de xunta seca.

Esta semana teñen programadas dúas actividades, o venres 26 de agosto, de 23.00 a 02.00 unha andaina nocturna e observación de estrelas que terá lugar na parroquia de Guldriz, en Friol. Observarase o ceo nocturno na finca Rego Salgueiro na que se atopa a mámoa nº2 da necrópole Costa de Mera. Nun pequeno percorrido nocturno, chegarase ata a medorra, onde observarán o ceo e as estrelas.

O domingo 28 de agosto, de 11.00 a 14.00 haberá unha roda poética e andaina ata a Fábrica da Luz no Paseo do Miño en Lugo. Nesta ocasión xuntaránse ao redor dunha roda, na que contarán con poetas de Lugo e da provincia, e con todas as persoas que queiran adicar unhas verbas á natureza, a auga ou aos catro elementos.

Todas as actividades son de balde pero é preciso inscribirse chamando ao 982 240 299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.