Skip to main content
As NogaisBarallaBecerreáNavia de Suarna

Novo servizo de atención temperá en Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

Por 29 Agosto, 2022Sin comentarios

Os concellos de Baralla, Becerreá, As Nogais e Navia de Suarna inician un servizo de atención temperá co obxectivo de apoiar o desenrolo infantil e a inclusión socio familiar dos nenos e nenas de 0 a 6 anos que o precisen.

Este programa levarase a cabo mediante a realización de intervencións preventivas e asistenciais de atención temperá dirixidas ó propio neno ou nena, a súa familia e o seu entorno a través dun equipo formado por psicóloga, logopeda e mestre psicomotricista.

Este novo servizo busca dar unha atención personalizada, axustada e flexible a aqueles nenos e nenas con trastorno no desenvolvemento ou en risco de padecelo facilitando a súa autonomía e inclusión social.