Skip to main content
Monforte

Maña da comezo en Monforte a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022

Por 4 Agosto, 2022Agosto 5th, 2022Sin comentarios

A exposición, que permitirá aos asistentes saborear distintas disciplinas artísticas, recupérase logo de dous anos de ausencia por mor da pandemia. Terá lugar dende  maña venres 5 e ata o martes 9 de agosto, na rúa Cardenal, como ben sendo habitual.

Ofreceranse produtos artesanais variados de diferentes disciplinas artísticas, dende orfebrería, cestería, coiro, lá , olería de Gundivós, cerámica, etc. Do mesmo xeito, o público que asista poderá ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán e organizaranse diversos obradoiros destinados aos nenos.

Nesta mostra participarán 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España. A inaugurada terá lugar maña ás 11:30 horas coa actuación do grupo municipal de gaitas do concello.

PROGRAMACIÓN

Venres 5 de agosto

10.00 horas- Apertura de stands de venda.

11.30 horas- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación grupo municipal de gaitas.

12.00 a 14.00 horas- Demostración olería de Gundivós. Coa participación do artesán Elías González.

18.00 horas- Apertura de stands de venda.

19.00 a 21.00 horas- Obradoiro de cestería para nenos.  Coa participación da artesá Luisa Martínez.

20.30 a 22.00 horas- Demostración olería de Gundivós. Coa participación do artesán Elías González.

Sábado 6 de agosto

10.00 horas- Apertura de stands de venda.

12.00 a 14.00 horas- Obradoiro de barro para nenos.  Coa participación da artesá Amparo Scrich.

18.00 horas- Apertura de stands de venda.

19.00 a 21:00 horas-  Obradoiro de barro para nenos. Coa participación da artesá Amparo Scrich.

Domingo 7 de agosto

10.00 horas- Apertura de stands de venda.

12.00 a 14,00 horas- Demostración de estampación “cianotipia”. Coa participación da artesá Pilar Gonda.

18.00 horas- Apertura de stands de venda.

19.00 a 21.00 horas- Obradoiro de cianotipia para nenos. Coa participación da artesá Pilar Gonda.

Luns 8 de agosto

10.00 horas- Apertura de stands de venda.

12.00 a 14.00 horas- Demostración obradoiro de encaixe de palillos. Coa participación da artesá Sesé Vila.

18.00 horas- Apertura de stands de venda

19.00 a 21.00 horas- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Coa participación da artesá Sesé Vila.

Martes 9 de agosto

10.00 horas- Apertura de stands de venda.

12.00 a 14.00 horas- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Coa participación do artesán Tomás López.

18.00 horas- Apertura de stands de venda.

19.00 a 21.00 horas- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Coa participación do artesán Tomás López.

19.00 a 21.00 horas- Obradoiro de olería para nenos.  Coa participación da artesá Otilia Arias.