Skip to main content
Quiroga

Quiroga celebra dende este xoves as súas festas de verán

Por 2 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Quiroga presenta o programa das súas festas de verán que se desenvolverán entre o 4 e o 7 de agosto.

A festa da Comunidade, cunha gran paella no parque da Constitución, abrirá uns festexos que recuperan a festa da Xuventude. Actuacións musicais, espectáculos de animación infantil, orquestras ou deportes nos que destaca por novidosa a primeira concentración de Parapente Val de Quiroga son algunhas das iniciativas previstas ao longo destes días.

Catro días de numerosas actuacións musicais e de entretemento para nenos, mozos e maiores que rematarán o día 10 de agosto coa celebración da XXXI Mostra do Mel  que estará amenizada pola charanga Lou Band.