Skip to main content
O Saviñao

Dan comezo as obras na vía que une O Saviñao cos núcleos de Torno e Gorgonzo

Por 3 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo vén de comezar esta semana os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-5811, que une os núcleos do Torno e Gorgonzo no municipio do Saviñao. Unhas obras nas que a institución provincial inviste preto de 176.000 euros.

Con este proxecto renóvase un treito de preto de 4 quilómetros, dende os puntos quilométricos 0 e o .,814. Unhas obras que consisten na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización con marcas reflexivas brancas e a colocación de novos sinais. O prazo de execución é de 9 meses.

A institución provincial resalta a importancia dos traballos, non só polo investimento económico, senón tamén porque esta vía é a que vertebra as comunicacións coa parte norte do concello do Saviñao. Precisamente, a mobilidade é unha das grandes liñas de actuación que impulsa a Deputación de Lugo como unha prioridade á que dedica un terzo do orzamento anual. Un esforzo económico que se ve apoiado por outras colaboracións que establece a Deputación cos concellos para adecentar vías municipais a través do Plan Único e doutros acordos, e a colaboración que se fai con outras administracións.