Skip to main content
Sober

O programa “Coidados porta a porta” percorre Sober entre os días 14 e 16 de setembro

Por 21 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

Chega o programa “Coidados porta a porta” ao concello de Sober, que busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria son algunhas das actividades incluídas nesta iniciativa dirixida a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá no concello de Sober os días 14, 15 e 16 de setembro, de 09.00 a 20.00 horas e atenderá con cita previa.

Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 e 623546992 ou por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal