Skip to main content
Cultura SARRIAXADeportes SARRIAXASarria

Entrevista: “Temos xogadores moi bos e un gran equipo humano”

Por 7 Agosto, 2022Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Rubén López García, Ruchi, defensa da Sarriana nas últimas dúas tempadas.

A Sarriana volveu tocar este ano o ceo coa punta dos dedos  pero acabou deixando marchar por segundo ano consecutivo a posibilidade de ascender ao quedar nesta ocasión a dous puntos da segunda praza que daba acceso á Terceira División, categoría que se resiste.

Gran temporada do equipo, que quedou campión do seu grupo na primeira fase e clasificou para o ascenso.

Entre as súas filas destacou Rubén López García, Ruchi, que desenvolveu este ano a súa segunda tempada no club procedente do Somozas. Natural de Becerreá, aspira a lograr o acenso e ve o seu futuro como adestrador.

Como se desenvolveu a túa paixón polo fútbol?

Dende pequeno sempre me encantou, a meu pai e a un tío meu que vive en Barcelona tamén lles gusta moito e facían que a min aínda me gustara máis. A verdade, dende que teño recordo o meu xoguete favorito sempre era o balón.

Cales son os primeiros recordos da túa relación con este deporte?

Os meus primeiros recordos son no patio do colexio cos meus amigos, pois en Becerreá non había equipo, pero en canto se crearon as categorías inferiores xa me apuntei e levo xogando desde aquela. 

Cales eran os teus referentes de cativo? E a día de hoxe?

Os meus referentes a nivel persoal sempre foron meus pais, e a nivel futbolístico o meu referente era Puyol, aínda que xa leva tempo retirado. Dende que o empecei a ver xogar cando era neno, encantábanme os valores que transmitía no campo de fútbol e a forma de entender este deporte que tiña.

Como é o ambiente no Sarriana?  Que puntos destacarías de vós como equipo?

Ahora mesmo temos moi bo ambiente no equipo, non hai problemas e o día a día faise moi ameno. Os puntos fortes para min son que temos xogadores moi bos e a maiores, como che acabo de decir, temos un bo grupo humano que é algo importantísimo.

Que beneficios cres que aporta o traballo en equipo?

Aporta moitas cousas: ser empático , pensar no beneficio do equipo máis que no teu propio, compartir , animar , apoiar aos teus compañeiros e sobre todo aporta amizades para toda a vida que é o máis importante do deporte desde o meu punto de vista.

Algún recordo especial que gardes do tempo que levas?

Hasta ahora non teño ningún que destacar porque ainda non puidemos conseguir o obxectivo que tivemos durante estas dúas tempadas pero agardo que para o ano que vén che poida dicir varios.

Como é a túa rutina de adestramento?

Agora mesmo estou bastante ocupado por motivos laborales, polo que non podo adestrar todo o que me gustaría e os meus adestramentos durante o inverno son os que facemos co equipo, os cales son tres dias a semana e o fin de semana temos partido.

A un cativo ou cativa  que non lle guste o fútbol, que lle dirías para que se animase a practicalo este verán?

Eu animaríao a que probara para saber se lle gusta ou non. Eu en Becerreá adestro a moitos nenos que veñen ao principio sen estar moi convencidos e o final acaballes encantando. Non é só o deporte en sí, senón o ambiente de equipo e as amizades, que é o que máis engancha ós nenos.

Cales son as túas paixóns a parte do deporte?

Encántame pasar tempo en familia e cos amigos, viaxar, as motos, os animais (na miña casa en Becerreá temos vacas e en inverno sobre todo ocupo gran cantidade de tempo traballando con elas) facer sendeirismo e practicar diferentes deportes.

De aquí a dez anos, como te imaxinas?

Pois é unha pregunta complicada, porque nun período de tempo tan longo poden pasar moitas cousas, pero eu creo que con respecto o fútbol xa non xogarei e serei só adestrador, que é algo que me gusta moito tamén e que xa levo facendo dende fai tres anos. Agora adestro nas categorías inferiores da SD Becerreá, onde eu empecei a xogar.