Skip to main content
Sarria

O nome do campo de fútbol A Ribela, en Sarria, a debate

Por 30 Agosto, 2022Agosto 31st, 2022Sin comentarios

Vén de trasladarse unha petición ao concello de Sarria para facer efectivo o cambio de nome do campo de fútbol A Ribela.

A SD Sarriana propón que se decida a través dun referéndum e a directiva está de acordo con que sexan os socios do club os que elixan cal será a futura denominación do estadio.

As propostas diverxen entre dous grupos. O primeiro deles, formado polos socios máis antigos que presentan 400 firmas ao concello co obxectivo de que o campo de fútbol leve o nome de Carlos Alberto, un histórico futbolista, adestrador e directivo da Sarriana falecido o ano pasado. Ao que se lle rendeu homenaxe o pasado 17 de agosto no campo.

E por outra banda, o grupo que aposta polo nome de Antonio Peña, falecido tamén hai varios anos e que foi presidente da entidade durante dúas décadas.

A actual directiva di que calquera das dúas opcións é moi merecida ante o importante papel que estes dous veciños xogaron para o club e de momento, non se decanta por ningunha ata que o concello e a comisión de honores tomen unha decisión. Algo que propoñen que se leve a través de voto secreto e en urna.