Skip to main content
As Pontes

O lago das Pontes concentra numerosas actividades esta fin de semana

Por 19 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de As Pontes continúa co seu programa para o mes de agosto O mar de lecer, unha axenda cultural ampla, diversa e multidisciplinar para conmemorar os dez anos da creación do lago.

As actividades que deron comezo o venres 5 continuarán estes dous días con numerosas e variadas actividades. Por unha parte celebrarase a Feira do comercio local, impulsada pola Deputación da Coruña. Esta feira forma parte dun proxecto de dinamización do comercio local a través do que se levarán a cabo seis nos concellos de Arteixo, As Pontes, Betanzos, Cambre, Carballo e Culleredo.

Eses mesmos días tamén se realizarán exhibicións e obradoiros enmarcados no Festival de Papaventos. Dende ás 12.00 horas haberá unha exhibicións sempre e cando o vento e as condicións meteorolóxicas o permitan, e de 11.00 a 13.00 e 16.00 a 18.00 horas será o obradoiro de elaboración de papaventos. Serán izados desde unha área restrinxida na zona de aparcadoiro a carón da praia, na parte baixa do Lago.

Este espectáculo visual está recomendado para todo o público en xeral, pero en especial para os nenos, que poderán ver extraterrestres, polbos ou peixes de cores surcando o ceo pontés. Algunhas destas pezas chegan a medir até 30 metros de longo. As dúas compañías, tanto Velaivai, procendente da Coruña, como a madrileña Torbellino y Ventolera; teñen unha ampla e contrastada experiencia neste tipo de eventos que realizan en diversos lugares do país.

O sábado haberá dúas actividades máis, co circo na rúa de Mezzo el fantástico circo de insectos xigantes ás 19 horas. Espectáculo de circo itinerante musical Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descobre unha illa no Océano Pacífico que alberga extranas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á gran extinción. Ó seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante na que se deu en chamarlle como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espíritu de aventura das novelas de Julio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX.

Remata o día co concerto do tributo a Sabina La penúltima Sabineta ás 20:30h. Carlos García-Boente empezou na banda como batería, en 2014, e catro anos máis tarde converteuse na voz da Penúltima Sabinera. O éxito deulle a man á súa formación desde os seus inicios e Carlos García-Boente chegou a ser o intérprete por excelencia dos temas de Joaquín Sabina. Este verán —e tras facer gala do seu talento por escenarios de todo país—, o artista lucense unirase á auténtica banda do cantautor de Xaén, Benditos Malditos, coa que dará tres concertos ao amparo do Xacobeo.

Na xornada do domingo o circo na rúa correrá a cargo de C’est pas possible, ás 12.00 horas, e Kanbahiota – Volando vengo, ás 17:00h.

Kanbahiota é un espectáculo de trapecio mini voador, ambientado nos anos 20, onde 4 personaxes realizan o gran número de trapecio voador, pero non antes de superar un sinfín de problemas e golpes. A espectacularidade dun trapecio voador, mesturado con acrobacias e unha gran dose de humor, fai que esta troupe de trapecistas consiga atraer ao público coas súas espectaculares acrobacias.

Ademais, Broken Peach ofrecerá un concerto a partir das 19:30 horas. Esta banda de Vigo caracterízase polo estilo de música que interpretan que vai dende o soul ata o rock, pasando polo gospel, o funky e pop

CLAUSURA

Para o último fin de semana do mes haberá, primeiramente, unha cita coa vela da man do Campionato Galego de Vela Vaurien, que será o sábado e o domingo.

Eses días haberá tamén unha Festa Acuática con 5 inchábeis acuáticos. Paralelamente celebrarase a Festa da Auga, con 4 inchábeis acuáticos e Humor Amarillo, con 5 inchábeis Wipe Out. Os horarios para estas tres actividades son: sábado de 16:30h a 20:00h e domingo de 11:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.