Skip to main content
As PontesAxenda CaducadaDeportes TERRACHÁXA

O circuíto das Pontes acolle senllos campionatos de minivelocidade

Por 2 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

O circuíto das Pontes acolle esta fin de semana e apróxima senllos campionatos de minivelocidade.

Así, os días 6 e 7 terá lugar o campionato galego que contará coas categorías Cup Dani Rivas, Minimonots 4.2, MiniGP 110 4T, Monto 5, SM 65 e SM 85.

A competición arrincará ás 10.00 horas ambos os dous días, con adestramentos na primeira xornada.

A continuación, a fin de semana do 13 e 14 será a sede do campionato de España da minivelocidade. Puro espectáculo con máis de 100 pilotos de entre 6 e 14 anos, novas promesas do motociclismo nacional.