Continúan as proxeccións de cine na rúa en Muras coa película Eroski Paraíso.
Así, a proxección terá lugar este vernes, 19 de agosto, na área recreativa da Veiga ás 22.00 horas.
Trátase dunha comedia do lucense Jorge Coira con Ollo Vivo e o Grupo Chévere baseada en feitos que viviron en Muros e que chegan a calquera de nós: As mudanzas da vida con bo humor.