Skip to main content
Axenda TERRACHÁXADeportes TERRACHÁXAXermade

Os catro equipos de fútbol de Xermade loitarán pola Copa do Concello

Por 5 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará no mes de agosto o X Trofeo de fútbol Manuel González Fernández, no que participarán os catro equipos de fútbol do territorio municial, o CD Xermade, o SDC Roupar e o SDC Cabreiros, os tres de Segunda Galicia, e o SD Cazás, de Terceira. Os catro loitarán pola Copa durante dúas fins de semana.

Na primeira haberá dous partidos, o Xermade-Roupar, o sábado 13 ás 18.00 horas no campo de Roupar; e o Cazás-Cabreiros, que se disputará o domingo 14, á mesma hora no campo do Cabreiros.

Á fin de semana seguinte os gañadores dos enfrontamentos disputarán a final o domingo 21, ás 18.00 horas no campo de Xermade, mentres que os perdedores pelexarán polo terceiro e cuarto posto o sábado anterior, 20, á mesma hora, no campo de Cazás.