Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes TERRACHÁXAXermade

O Xermade e o Cabreiros loitarán na final pola Copa do Concello

Por 16 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade celebra este mes de agosto o X Trofeo de fútbol Manuel González Fernández, no que participan os catro equipos de fútbol do territorio municial, o CD Xermade e o SDC Cabreiros foron os vecendores da primeira sesión e clasificaron para xogar a final a próxima fin de semana.

No Roupar-Xermade, celebrado sábado 13 ás 18.00 horas no campo de Roupar, os visitantes venceron na quenda de penaltis tras finalizar 1-1 os 90 minutos regulamentarios. No segundo partido, o Cabreiros-Cazas, que se disputou o domingo 14, á mesma hora no campo do Cabreiros, a vitoria foi para os locais por 4-1.

O Roupar, o Xermade e o Cabreiros están dentro da Segunda Galicia, mentres que o Cazás está na Terceira.

Á fin de semana que vén Xermade e Cabreiros disputarán a final o domingo 21, ás 18.00 horas no campo de Xermade, mentres que os perdedores, Roupar e Cazás, pelexarán polo terceiro e cuarto posto o sábado anterior, 20, á mesma hora, no campo de Cazás.