Skip to main content
Alfoz

Listas as actividades deportivas de Alfoz

Por 13 Setembro, 2022Sin comentarios

Desde o luns 19 de setembro e ata o 26 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas do Concello de Alfoz.

Esta tempada contarán con cursos de ximnasia de mantenemento os luns e mércores xoves de 18.30 a 19.30 horas no pavillón municipal, ioga os martes e xoves de 17.00 a 18.00 horas e luns de 17.00 a 18.00 horas na escola de nenos de Adelán, aerobic será os luns e mércores de 19.30 a 20.30 horas no pavillón municipal.

As inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Paa máis información será necesario chamar ao 982 558 001.

Lembran que as fichas deben estar cubertas con todos os datos e asinadas e no caso de levar a doutra persoa necesítase levar unha autorización firmada.