Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Burela acollerá o 8 de outubro o espectáculo Freddie Mercury por sempre

Por 22 Setembro, 2022Outubro 8th, 2022Sin comentarios

Burela acollerá o vindeiro 8 de outubro o espectáculo Freddie Mercury por sempre, o mellor tributo a Queen de todos os tempos no que se rende homenaxe desde o máis absoluto respecto e adoración cara a Freddie Mercury e a súa banda.

Esta cita, de 2 horas de duración, será na casa da cultura de Burela e apta para todos os públicos e ” porque aínda que todos coñecemos á banda, transcenderon o espazo e o tempo de maneira que as novas xeracións, nenos e adolescentes, seguen escoitando os seus temas, algo que ao noso vocalista e líder da banda, Jorge Busetto , apaixónalle”, din dende Dr. Queen, “ver nenos caracterizados como Freddie , que se saben e cantan as súas letras é algo que enche a alma e o corazón e empúxame a seguir dando o mellor para cada espectáculo”.

Dr. Queen está formado pola potente voz de Jorge Busetto no papel de Freddie Mercury que estará acompañada por increíbles músicos interpretando cada un ao seu alter ego: Alvaro Navarro Kahn como Brian May, Andrés Field como Roger Taylor, Daniel Ronchetti como John Deacon e a colaboración especial de Giuliana Busetto.