Skip to main content
Lourenzá

Unha festa inaugurará o novo local multiusos de Lourenzá

Por 6 Setembro, 2022Setembro 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Lourenzá vén de informar da inauguración do local multiusos ubicado nas instalacións da nave do recinto feiral de Vilanova de Lourenzá.

Esta festa será o vindeiro 10 de setembro ás 19.30 horas e contará coa música de Purofilin de Machín a la Nueva Trova.

Este novo espazo servirá para desenvolver moitos dos eventos que se veñen realizando no municipio como a Gala do Teatro, conferencias, Comida da Terceira Idade, Mercado de Nadal, eventos das Escolas Deportivas, etc.

A nave obxecto da actuación ten unha superficie de 1.928 metros cadrados e a intervención levouse a cabo nun terzo da mesma, quedando así a nave dividida en dúas partes. A zona sobre a que se actuou ten unha superficie de 635 metros cadrados construídos. As obras constaron das seguintes partes: división interior da nave actual en dúas para adecuar o espazo a climatizar; mellora da envolvente térmica das fachadas e substitución das carpinterías existentes (ventás e portas); acondicionamento do chan cun pavimento laminado con acabado similar á tarima flotante; instalación eléctrica e de iluminación novas; e instalación dun sistema de climatización da nave e dun sistema de son no local multiusos resultante.