Skip to main content
Lourenzá

A parroquia laurentina de Santo Tomé estará de festa esta fin de semana

Por 27 Setembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A parroquia laurentina de Santo Tomé, en Lourenzá, acollerá o vindeiro 23, 24 e 25 de setembro as festas na honra de San Antonio e Santo Tomás.

A festa comezará o venres 23 ás 21.00 horas cunha gran polbada e churrascada servida por Suso de Lugo a cal estará amenizada por Los Players e o grupo de música tradicional A Roda e un DJ.

Na xornada do sábado haberá oficio relixioso ás 13.30 horas seguido de sesión vermú co grupo La Bamba, e a partir das 22.30 horas será a verbena co mesmo grupo e un DJ.

O último día de festa, volverá a misa e a sesión vermú co grupo Illa Pancha e a orquestra D’Noche, que será o encargado de poñer a música pola noite. Dende a organización informan que haberá campo cuberto cunha gran carpa.