Skip to main content
O Vicedo

Xa hai gañadores do V Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

Hombres de Mar de José Manuel Trujillo, Zoom de Paco López, e Virxe no Cruceiro de Manxofrío de Juan Insua

Entregáronse os premios da V edición do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo na que Dende o Concello agradeceron a participación de todos e destacaron “a gran calidade das fotografías”.

As fotografías premiadas foron Hombres de Mar de José Manuel Trujillo, levou o primeiro premio valorado en 300 euros, Zoom  de Paco López, acadou o segundo premio como o ano pasado valorado en 200 euros e Virxe no Cruceiro de Manxofrío  de Juan Insua, que tamén participou e consegíu o terceiro permio de 100 euros. Na categoría de Sub 30 o premio foi para a fotografía Igrexa de Cabanas de Carlota Baltar Salgueiro.