Skip to main content
O Vicedo

A comisión de Festas de San Estevo O Vicedo prepara unha festa de remate de verán

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

A comisión de Festas de San Estevo O Vicedo vén de informar da festa de remate da temporada de verán que se celebrará o vindeiro domingo 11 de setembro.

Esta cita será na parrilada Los Árboles de Xilloi e será a partir das 13.00 horas coa sesión vermú. Xa pola tarde haberá bingo, sorteos de rutas en kaiak, ceas, circuítos de spa, xamóns e moitas máis sorpresas.