Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Da desilusión ao optimismo co Breogán

Por 30 Setembro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

Por Adrián Fernández.

O Breogán afrontaba o primeiro encontro da Liga ACB despois de caer eliminado da champions en Belgrado, e pese a desilusión, o equipo foi quen de gañar en Murcia e comenzar con moi bo pé a tempada.

Despois da primeira vitoria contra o Oporto en Foz tocaba volver a Lugo e presentar o equipo ao público, outra vez fronte ao clube portugués e coa noticia da cesión de Mateo Díaz a Almansa; non houbo rival e o Breogán gañaría por 70-43. O mesmo pasaría uns días despois fronte ao Bilbao Basket, que cun plantel mermado polas lesións non puido facer moito e os de Lugo levarían a vitoria por 80-60 e todo isto antes de xogar a Copa Galicia. Unha copa que comezaría cunha semifinal sen moita historia fronte ao COB na que rematarían cun 97-59 para os de Lugo e unha final co Obradoiro na que o Breogán volvería a gañar o título, pero esta vez só por tres puntos (79-82) gracias a unha tripla de Bamforth a falta de 2 segundos. Un encontro no que puido apreciarse un equipo moito máis físico do que semellaba e que aínda que hai un claro problema no rebote defensivo, pode xogar a un ritmo moi alto durante todo o partido e ten máis opcións en ataque.

Con moita confianza viaxaban a Belgrado co obxectivo de conseguila clasificación para a BCL. O FMP, que xogaba na casa, plantexou un encontro moi duro físicamente pero o Breogán non perdeu a cara ao partido pese a ter uns primeiros minutos algo dubidosos e chegaron ao descanso dous arriba (32-34). A diferenza do que soe pasar, o equipo comezou moi ven o terceiro cuarto e chegou a ter 10 puntos de vantaxe, pero un parcial demoledor de 21-3 para os serbios deixou aos xogadores tocados que xunto ao desgaste físico fixo que non foran quen de volver ao partido, ao final derrota por 76-64 e a desilusión de caer eliminados ás primeiras de cambio.

Justus Hollatz xa estaba en Lugo tras conseguila medalla de bronce no Eurobasket e Kasibabu renovado para o que resta de tempada, pero non se sabía cómo iban a afrontar o debut ligueiro en Murcia. O Breogán demostrou estar totalmente recuperado e concentrado no verdadeiro obxectivo que é a salvación e conseguíu unha vitoria importantísima fora de casa. A frescura do base Alemán, que semellaba levar todo o verán adestrando co equipo, o acerto no tiro exterior de Bamforth primeiro e Sergi García despois e o partidazo de Ethan Happ (19 puntos, 11 rebotes e 33 de valoración) deixarían o marcador nun 70-84 para os lucenses que poden sacarlle partido a unha mellor preparación física nos primeiros meses de competición.

Mensaxe optimista para o breoganismo de cara aos próximos encontros, xa non temos xogadores do nivel de Musa, Kalinoski ou Bell-Haynes pero temos un plantel máis longo e máis físico no que calquera pode aparecer para axudar.