Skip to main content
Antas de UllaAxenda Caducada

Os días 8 e 9 Antas de Ulla está de festa

Por 6 Setembro, 2022Setembro 9th, 2022Sin comentarios

O próximo xoves día 8 e venres día 9 de setembro Antas de Ulla celebra as súas festas na honra da Virxe dos Remedios.

As festas comezarán con unha misa e procesión o día 8 ás 13.00 para continuar con unha sesión vermú na praza do Concello a cargo da Banda de Música de Antas de Ulla.

O xoves pola tarde a Banda de Música de Antas de Ulla volverá a actuar ás 20.00 e ás 23.30 haberá verbena a cargo da orquestra La Ola ADN.

O venres o día comezará con unha misa e procesión ás 13.00 para continuar con unha sesión vermú na praza do Concello amenizada pola actuación da Asociación Cultural Fiadeira.

Ás 20.00 haberá un concerto na praza Nova do artista local Sergio Alba. Para rematar as festas unha gran verbena coa charanga Unión Phenosa e a disco móbil Era Visto.