Skip to main content
Cervantes

Piornedo acolle un concerto e unha ruta etnográfica esta fin de semana

Por 22 Setembro, 2022Sin comentarios

O sábado 24 de setembro Piornedo acolle un concerto do músico Abraham Cupeiro que terá lugar na Casa Vella de Perdigón ás 19.00. O músico galego presenta Resoando no pasando un concerto monólogo no que mostra unha colección de instrumentos que nos fan viaxar o pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento. 

O colectivo Piornedo Anda que organiza rutas guiadas de carácter etnográfico e que ten como finalidade poñer en valor  o corazón de  Ancares e a súa gran riqueza en canto a fauna, flora, etnografía e cultura organiza unha ruta este domingo 25 de setembro. Cunha duración estimada de tres horas a ruta dará comezo ás 10.00 con saída dende a palloza museo Casa do Sesto.