Skip to main content
Lugo

A concellería de Infraestruturas continúa coa mellora da rede de alumeado público no centro da cidade

Por 12 Setembro, 2022Setembro 13th, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións no centro para mellorar a imaxe da rede de alumeado e explicou que “estamos a traballar no repintado das farolas, unha actuación que permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumplen un importante papel na decoración da vía pública”

“A nova iluminación mellorou reduciu  o consumo enerxético, mantendo a estrutura, a estética, e a temperatura luminosa da instalación actual”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “aumentamos  a visibilidade do entorno, mellorando ao mesmo tempo a seguridade da veciñanza da contorna”.

Alexandre Penas lembrou que “desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público”, e engadiu “nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e aplicando a perspectiva de xénero para evitar contar con zonas escuras”.