Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Palas de Rei comeza este mércores as súas festas patronais

Por 12 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei da comezo o próximo mércores 14 de setembro as súas festas do Ecce Homo que durarán ata o domingo . As celebracións darán comezo ás 13.00 con unha misa e a actuación da Coral Polifónica de Palas de Rei. A continuación haberá un pasarrúas a cargo da charanga Europa.

Celtas Cortos actuarán como un dos pratos fortes destas festas ás 22.00 na praza da Ulloa e ás 00.00 terá lugar a verbena amenizada pola orquestra Olympus e o dúo La hora bruja.

O xoves día 15 a celebración comeza as 19.00 con unha actuación na praza do Concello do Grupo Agarimo para continuar ás 23.00 coa verbena amenizada pola orquestra París de Noia e os Dj Casanova e David Expósito a partir das 23.00 na praza de Galicia.

A charanga Louband dará comezo o venres día 16 ás actuación con un pasarrúas ás 19.00 para continuar coa actuación na praza do Concello do grupo El borrón del escribano. A verbena dará comezo ás 23.00 coa orquestra Pontevedra e o dúo Carpe Diem na praza Galicia.

O sábado 17 de setembro terá lugar ás 18.00 o Festival de danzas e músicas tradicionais que contará con Palacio do Rei, Fonte de Merlán e Gaiteiro de Goián. Xa pola noite a verbena dará comezo ás 23.00 e contará coas orquestras Alianza e Dinastía.

Para rematar as festas o domingo 18 terá lugar o Día do Neno que dará comezo ás 16.00 na praza Galicia. Ás 19.00 haberá unha actuación na praza do Concello da Banda de Arca e ás 23.00 o Combo Dominicano e o DJ Panu cerrarán as festas do Ecce Homo en Palas de Rei este 2022.