Skip to main content
Monforte

Novos horarios nos paseos en barca polo Cabe para este setembro

Por 1 Setembro, 2022Setembro 2nd, 2022Sin comentarios

O concello de Monforte informa de que ata finais do mes de setembro, o río Cabe continuará cos Paseos en Barca polo pero cun novo horario.

Poderán seguir alugándose barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes, de luns a domingo cos seguintes horarios: de luns a venres polas tardes de 17.00 a 21.00 horas e sábados, domingos e festivos polas mañás de 11.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas.

Cada paseo terá unha duración de media hora e custará 3,25 euros.

Os Paseos en Barca convertéronse nos meses de verán nun grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que visitaron o concello na época estival.

Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial local en particular e galega en xeral.

Esta actividade está organizada polo concello de Monforte de Lemos en colaboración co Clube de Piragüismo Quixós.