Skip to main content
Monforte

Monforte celebra maña o IX Festival Paradiso

Por 2 Setembro, 2022Sin comentarios

O concello de Monforte dase cita un ano máis cunha nova edición do Festival Paradiso que terá lugar maña día 3 de setembro no Parque dos Condes.

Este evento non só reunirá a máis de 5 bandas de música senón que tamén ofrecerá aos asistentes a oportunidade de participar en varios obradoiros de poesía, na sesión vermú e na comida que terá lugar con comida típica da terra coma o polbo ou o churrasco.

O PROGRAMA

O Festival Paradiso comezará ás 12.00 horas coa sesión vermú e a actuación de DJ Lechu e Darius Weis e ás 14.00 horas celebrarase o xantar con polbo e churrasco na Cova.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas terá lugar o obradoiro de relacións positivas Femforte e un recital poético ás 19.00 horas.

Pola noite actuarán os grupos Bela Chaos ás 21.00 horas, Coolflanders ás 22.15 horas, Moon Cresta ás 00.00 horas e Recambios Tucho ás 01.30 horas da madrugada. Todos eles no Parque dos Condes.

A ORGANIZACIÓN

A entidade encargada de levar a cabo este evento, Festival do Paradiso, é unha organización sen fines de lucro composta por varios membros da mocidade monfortina que cre que a través da participación social e das accións organizadas e planificadas por un certo colectivo de persoas, poden mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do noso barrio, cidade ou pobo.

“Crear o xermen do asociacionismo entre nós dende agora é vital para que no futuro poidamos estar máis unidos, compartindo unha patria común (Monforte, Ribeira Sacra), e fronte aos ataques da vida. Ademais todos xuntos e non en pandillas por separado, podemos facer grandes cousas e seguramente vivir experiencias que individualmente non viviriamos”, aseguran os propios integrantes da organización.