Skip to main content
Monforte

Evolucionan favorablemente as obras de mellora da Lagoa do Parque de Cobas, en Monforte

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

Ao obras abordan o acondicionamento da Lagoa do Parque de Cobas e a construción dunha nova presa desmontable, unha actuación que conta cun orzamento de practicamente 700.000 euros, a cargo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, visitou as obras que se están a desenvolver para o acondicionamento e mellora da Lagoa do Parque de Cobas que suporán, unha vez finalizadas,  a posta en valor desta zona: “un proxecto que suporá un antes e un despois para a zona da lagoa da Pinguela e o parque de Cobas, que estaba degradada” )”, salienta o alcalde. Con esta mellora, completarase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2).

“As obras que se están a desenvolver” explica o rexedor municipal “consisten na execución dunha serie de actuacións ambientais na área de A Pinguela, para poñer en valor esa zona, o que leva consigo a recuperación da zona da lagoa con actuacións que habiliten un espazo para uso e disfrute da poboación”. O proxecto leva a cabo o acondicionamento da Lagoa do Parque de Cobas, a construción dun paseo que conformará un circuíto ó seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable.

O Presidente da C.H. Miño-Sil anuncia que “as obras avanzan a bo ritmo e a estimamos que finalicen a finais de outubro”. As obras deron comezo a finais do pasado mes de xuño. Quiroga tamén destaca “que esta actuación rexenerará unha zona do río Cabe que conta cun caudal importante e que estaba totalmente degradada, e que será posta en valor, para o desfrute dos veciños de Monforte e dos visitantes da cidade.”

A PINGUELA

As obras que se están a desenvolver consisten na execución dunha serie de actuacións ambientais na área de A Pinguela, para poñer en valor esa zona, o que leva consigo a recuperación da zona da lagoa con actuacións que habiliten un espazo para uso e desfrute da poboación.

Entre estas actuacións atópanse o acondicionamento ambiental do entorno da Lagoa do Parque de Cobas e tamén do caudal do río Cabe, a estabilización do seu caudal o acondicionamento do sendeiro peonil arredor da lagoa e da pasarela, a demolición do AZUD existente ou a retirada selectiva dos depósitos de materia orgánica do caudal do río entre outras.