Skip to main content
Monforte

Monforte inicia o asfaltado do aparcadoiro do parque do barrio do Hospital

Por 9 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

O concello de Monforte informa do inicio dos traballos de asfaltado do que será o estacionamento do parque do barrio do hospital.

O concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, visitou as obras do que será o futuro parque desta zona da cidade e puido comprobar o avance das mesmas, que está sendo desenvolvidas por Calfensa Proyectos S.L.

O novo aparcamento que se está a asfaltar contará con 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.

Do mesmo xeito, estase a rematar tamén a colocación dos elementos de xogo do Parque Infantil, do mobiliario así como a súa valla perimetral.

Tamén se están a ultimar os paseos do Parque do Barrio do Hospital, así como o resto de zonas verdes.

PAVIMENTACIÓN

Os traballos que se están a desenvolver consisten na mellora das condicións da actual vía de servizo da estrada LU-644 que transcorre polo extremo norte do Parque e a creación paralela a esta, na marxe oposta á referida estrada, dunha franxa de estacionamento en espiga, para automóbiles e motocicletas.

Tanto para o aparcamento como para a vía de servizo, estase aplicando unha capa de zahorra natural, espesor 10 cm., con posterior refino e compactado, encima da cal estase a estender unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 8 cm. de espesor.

En canto ao acabado do firme, este terá unha lixeira caída cara a vía (3%) para a escorrentía das augas cara a esta, para cuxa recolleita instalarase unha rígola de formigón tipo R40, de dimensións 50 x 33 x 10 centímetros, na unión de ambas. Do outro lado do estacionamento, contra a superficie destinada o Parque, no seu encontro coa senda peonil a construír no perímetro de leste, colocarase, a modo de límite, un bordillo de formigón tipo C2, de dimensións 50 x 35 x 15 centímetros.

Acabados os traballos anteriores, sinalizaranse correctamente ambos espazos, vía e área de estacionamento, coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Así, procederase ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas laterais, cebreado e símbolos, e das liñas que delimitan as prazas de aparcamento, diferenciando as reservadas para minusválidos, en azul.